Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Historia da Arte e da Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da Arte e da Moda Código 710G03001
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como fin introducir ao alumnado na Historia da Arte e da Moda dun xeito reflexivo, analizando cada época cos seu propios condicionantes culturais, históricos, sociais e as súas posibilidades técnicas. Ver a moda a través da historia da arte: formas, modelos e complementos, obras, estilos, evolución, materiais, técnicas e ferramentas. Os condicionantes da moda ao longo da historia. A moda nos museos e/ou exposicións. Os deseñadores-creadores: coñecer as súas porpostas no momento de achegarse ao proxecto. A aportación da Historia da Arte á moda ao longo do tempo: entender e interpretar as creacións artísticas, valoración, xestión e productividade. A Historia da Arte como fonte para o estudo da vestimenta. Os temas acompañaranse do seu correspondente material gráfico e escrito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificación nos contidos en caso de confinamento. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Clase maxistral e traballos tutelados. Seminarios. *Metodoloxías docentes que se modifican As clases interactivas nas que se traballaba por grupos, serán sustituidas por traballo do grupo de forma virtual e atención personalizada por parte da profesora en forma de titoría grupal. Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ademais da titoría grupal personalizada, no caso das interactivas, proporanse outras titorías personalizadas en horarios propostos pola profesora. 4. Modificacións na avaliación Manterase o traballo grupal con parte individual, presentados de xeito virtual e a proba obxectiva, de opción múltiple, en versión on line. Traballos tutelados (50%): En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. Daranse pautas para a elaboracion dos traballos na plataforma Moodle e nas clases interactivas. *Observacións de avaliación: O traballo grupal con parte individual proporase de tal xeito que sexa posible realizalo e presentalo tanto de forma presencial como on line. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (Mínimo 80% do tempo). 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se farán modificacións. Se lle ofrecerán ao alumnado referencias on line para o estudo e desenvolvemento dos seus traballos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes