Proba obxectiva |
Proba escrita estilizada para a avaliación da aprendizaxe do alumnado. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento e aptitudes. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas -de respostas múltiples ou breves-, desenvolvemento dun tema e comentario de imaxes -obras, deseños- das cales pediranse contidos e relacións coa época, estilo, obras ou autores. |
Recensión bilbiográfica |
O alumnado realizara lecturas e b´suquedas bilbiográficas de aspectos relacionados co tema que teñan que traballar de dforma grupal. |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Irá relacionada ao traballo grupal. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |