Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Historia da Arte e da Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A4 A5 A13 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B10 C8 C7 Asistencia a Seminarios, Obradoiros, Encontros, Conferencias especializadas. 5%
5
Proba obxectiva A2 A4 A7 B1 B2 B3 B7 C3 C8 Consistirá nun exame final no que se desenvolverá un tema ou capítulo do programa e/ou preguntas curtas, tipo test ou comentario de imaxes. Ata un 50%. 50
Traballos tutelados A2 A4 A5 A7 A8 A18 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C7 C8 Valorarase o traballo en grupo e individual realizado, en función do continente e o contido do mesmo. Ata un 40%.

O traballo tutelado divídese en dúas partes: grupal e individual. Cada unha delas será valorada nun 20% da calificación final.
40
Saídas de campo A2 A4 A5 A7 A8 A13 B1 B2 B6 B7 C7 C8 Visitas Clases-Prácticas fora da aula con participación e entrega de comentarios ou exercicios sobre elas. Poden ser sustituidas por seminarios. Ata un 5%. 5
 
Observacións avaliación

-Todas as partes
teñen que ser superadas a lo menos nun 50% para poder facer o cómputo final.  O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en
actas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. 

-  A asistencia a clase é obrigatoria. De xeito esporádico pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia.

- Os traballos
individuais de recensión bibliográfica e presentación oral estarán
directamente relacionados co traballo en grupo. As instruccións detalladas
serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle
para a súa consulta. O traballo en grupo puntuará un 20% e o individual outro 20%.

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, sólo terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia :

  -  Seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, pero deberá realizar dous traballos propostos pola profesora. Ademais, deberá porse en contacto con ela para  realizar al menos dos titorías on line ao longo do cuadrimestre. 


En todas as modalidades, a detección de plaxio ou calquera evidencia de falsedade serán penalizadas co  suspenso na materia ata a seguinte oportunidade ou convocatoria.

O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación
aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como
suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte
para poder facer o cómputo final. 



Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda
algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota
será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para
facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas
sexan superadas nun 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes