Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Economía: Industria da Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A2 A7 B5 B6 B7 C8 C7 Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no desenvolvemento das actividades colaborativas, consideradas actividades de avaliación continua. Estas actividades poderán consistir nun traballo tutelado ou ben no desenvolvemento do proxecto de aprendizaxe-servizo. 30
Proba mixta B1 B2 B3 B4 B5 Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no exame final proposto polo equipo docente, debendo obter un mínimo de 3,5 puntos sobre 7. 70
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación (outros comentarios):

A nota mínima esixida para aprobar esta materia será 5 puntos.

Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante algunha das actividades de "aprendizaxe colaborativa" ou, en caso de existir, algunha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Alumnado non presentado:

O alumnado será calificado con "Non Presentado" no caso de que unicamente se presentase a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Alumnado suspenso

O alumnado que suspenda a proba mixta (exame final) figurará en actas coa calificación obtida na mesma.

Alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

O alumnado con algunha destas condicións será avaliado baixo os criterios anteriores.

Criterios da segunda oportunidade (convocatoria xullo):

Os devanditos criterios de avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade.

Criterios da convocatoria adiantada:

O alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, un 70% o exame final (proba mixta) e un 30% a avaliación continua (aprendizaxe colaborativa).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes