Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Análise en grupo dunha empresa de moda que será realizada ao longo do curso académico (especialmente durante o 2º cuatrimestre) e presentada na aula ao final deste.
Proba mixta Exame parcial e exame final, que poderán combinar diferentes tipoloxías de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test).
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo.
Prácticas a través de TIC Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel) e posibilidade de participación nun xogo de simulación virtual.
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.
Saídas de campo Visita a unha empresa de moda durante o 2º cuadrimestre, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan.
Solución de problemas Resolución de problemas de natureza teórica e práctica.
Foro virtual Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
Presentación oral Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica.
Lecturas Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula.
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes