Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C7 C8 C9 Avaliación do informe e a presentación oral do traballo en grupo proposto 25
Proba mixta A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C1 C5 C9 Os exames parcial e final terán un peso dun 15 e un 35%, respectivamente, na nota final da materia 50
Estudo de casos A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C5 C8 Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente 15
Prácticas a través de TIC B1 B2 B7 B8 B9 C3 C9 Avaliación das prácticas realizadas na aula e doutras das que se poida solicitar entrega 5
Seminario A1 A2 A7 A8 B2 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C9 Participación activa no seminario organizado e entrega dun informe 5
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia será preciso obter una nota mínima de 3 puntos sobre 10 na parte de proba mixta. En caso de non cumplirse este requisito a cualificación será de suspenso, aínda cando a media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota de aprobado.

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). Para a súa avaliación non será necesaria a asistencia a clase, pero si deberán facer entrega dos estudos de caso e prácticas realizadas na aula; e o sistema de avaliación será igual ao do resto do alumando.

Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación.

Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificados con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), so terá validez para o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

O alumnado que o desexe poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación á profesora e autorización por parte desta.

Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. 

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes