Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Avaliación do traballo en grupo proposto polo profesor. 25
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 C8 C9 Examen parcial (10%), examens prácticos (20%) e examen final da materia (20%). 50
Seminario A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Participación no seminario que se organice. 3
Estudo de casos A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Avaliación dos casos propostos polo profesor para a súa resolución individual ou en grupo. 15
Solución de problemas A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C8 C9 Avaliación dos problemas resoltos en clase. 2
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 Avaliación das prácticas resoltas en clase. 5
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia se considerará necesario obter polo menos una nota mínima de 3 sobre 10 na parte de proba mixta. En caso de non cumplirse este requisito a calificación máxima non pasará dun 4, aínda que a sua media sexa máis alta.

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). Para a súa avaliación non será necesaria a asistencia a clase pero si deberán entregar igualmente os casos e exercicios feitos en clase e a súa calificación será igual ao resto de alumnos.

Os devanditos criterios de avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade.

Con respecto á cualificación de non presentado, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación ao profesor e autorización por parte deste.

Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. 

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes