Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004

Materias que continúan o temario
Xestión da Innovación Industrial en Moda/710G03029
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017
Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda/710G03018
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019
Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos/710G03014

Observacións
Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde se compartirán os materiais empregados na aula e se informará das actividades a realizar.

Ante a posibilidade de non poder usar as aulas de informática durante as sesións interactivas, o alumnado da materia deberá asistir a estas clases con ordenador portátil ou tableta electrónica, para así poder realizar as actividades previstas. O alumnado deberá instalar o paquete Office 365 -en caso de non dispoñer del, a universidade permite a súa instalación gratuita-, porque durante as sesiones interactivas farase uso do software de follas de cálculo Microsoft Excel. 

Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,...). Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes