Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades lévanse a cabo ó inicio do proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posee o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vencellados á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expóñense os contidos teóricos da asignatura e os desenvolvementos prácticos fundamentais baseándose no emprego da palabra e apoiándose fundamentalmente na imaxe, con presentacións dixitais e debuxos, como vías principais de transmisión da información.
Obradoiro Nos obradoiros semanais búscase que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, a través dunha serie de exercicios propostos polo profesorado, co seu apoio e supervisión durante o tempo da clase. O alumnado entregará os exercicios realizados nos obradoiros ó finalizar a clase e/ou ó finalizar a materia, según indique o profesorado.
Traballos tutelados Os traballos tutelados son unha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes fóra da aula, baixo a tutela do profesorado. Ó longo do cuadrimestre propoñerase ó alumnado un enunciado/s e tema/s, para que o/s desenvolva pola súa conta e o/s entregue según indique o profesorado. O horario semanal de titorías permitirá facer o seguimento e tutela destes traballos, de modo voluntario.
Seminario Os seminarios serán impartidos por profesionais externos que achegarán a súa visión da práctica profesional en relación coa materia, centrada en determinados aspectos relacionados co debuxo e a expresión gráfica aplicados á moda.
Proba práctica Utilízase como proba individual para a avaliación final da aprendizaxe, permitindo avaliar a capacidade e destreza adquirida ó longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes