Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A5 A18 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Avaliación das prácticas e traballos plantexados e realizados na aula (clases expositivas, interactivas e seminarios) e/ou completados fóra dela. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumnado na materia. Do 30% da calificación desta metodoloxía o 15% poderá obterse das entregas parciais que o profesorado establezca durante o curso e o outro 15% da entrega final dun bloc con tódalas prácticas do curso. É precisa a realización e entrega, en tempo e forma, do 80% dos traballos propostos para poder ser avaliado, sempre dacordo ás normas que o profesorado da materia establezca para as entregas parciais e a entrega final. 30
Traballos tutelados A4 A5 A18 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro, e realizarase fora da aula de modo paralelo ó curso. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración, así como a súa entrega en tempo e forma, dacordo coas normas que o profesorado establezca durante o curso. Do 30% da cualificación desta metodoloxía o 15% poderá obterse das entregas parciais do traballo tutelado que o profesorado establezca durante o curso e o outro 15% da entrega final do mesmo nun bloc. 30
Proba práctica C9 A proba práctica (exame) serve de control para avaliar a maduración final do alumnado ó término da materia. Para superar a proba práctica e que faga media co resto de metodoloxías, o alumnado deberá alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. 40
 
Observacións avaliación

1. Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira.

2. Convocatoria adiantada

Ao alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a primeira e segunda oportunidade.

3. Calificación de non presentado

O alumnado que non se presente á proba práctica (exame) figurará en actas coa cualificación final de "Non Presentado" (NP).

O alumnado que se presente á proba práctica (exame), pero que non teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, figurará en actas coa cualificación final de "Non Presentado" (NP).

4. Es tudiantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia

Os criterios de avaliación aquí recollidos aplicaranse tanto ao alumnado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo como no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Xerais

A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para a realización das prácticas e traballos no taller, como para as clases teóricas e seminarios.

As prácticas do obradoiro, os traballos tutelados e a proba práctica (exame) só terán validez para o curso actual (primeira e segunda oportunidade, respectivamente), e deberán repetirse nos seguintes cursos académicos.

O comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes