Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Deseño de Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño de Moda Código 710G03010
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Muñiz Núñez, Patricia
Correo electrónico
patricia.muniz@udc.es
Profesorado
Muñiz Núñez, Patricia
Correo electrónico
patricia.muniz@udc.es
Web http://ddm.materias.udc.gal/
Descrición xeral Aproximación xeral ó deseño de moda, dende a historia e a cultura, con referentes adecuadamente contextualizados, ata as novas tendencias. Análise do proceso de investigación i experimentación creativa, do desenrolo do proxecto, da expresión gráfica, o prototipado básico de prendas e as diferentes técnicas.
Plan de continxencia PLAN DE CONTINXENCIA DOCUMENTO MARCO ÁREA DE COMPOSICIÓN No caso de que se produzan circunstancias excepcionais motivadas pola pandemia que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade. Utilizarase o conxunto de ferramentas TIC, posto a disposición pola Universidade, especialmente a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación có estudantado. 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando a docencia a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non está previsto modificar metodoloxías docentes 3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado. Os mecanismos de atención personalizada ó estudantado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams y el Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó comezo do curso. 4. Modificacións na avaliación Suprimiranse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Este principio terá validez temporalmente dende o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Mantéñense o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a bibliografía proposta para a asignatura. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes