Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Márketing e Investigación de Mercados de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B1 B5 B9 C2 PROBA DE OPCIÓNS MÚLTIPLES: 50% da nota final.
Test ou proba de elección individual (catro opcións). Cada resposta incorrecta reducirá a puntuación final.
50
Sesión maxistral A19 B3 B7 C2 C4 C5 C8 ASISTENCIA: 10% da nota final.
A asistencia ás sesións maxistrais, así como a clases prácticas, representarán o 10% da nota final. Tamén se valorará a asistencia en función da participación na clase (debate, pregunta, resposta, opinión razoada).
10
Presentación oral B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C7 C9 LECTURAS E PRESENTACIÓN ORAL: 40% da nota final.
Presentaranse informes orais sobre as lecturas, análises bibliográficas e traballos prácticos, así como a realización dun proxecto final ou traballo. Faranse en grupo.
Os criterios de avaliación inclúen comprobar a inclusión e aplicación da parte teórica, a calidade e claridade da presentación, a precisión e calidade das respostas, a calidade das fontes primarias e secundarias utilizadas e a revisión da literatura correspondente.
40
 
Observacións avaliación
Avaliación 1a Oportunidade.

No desenvolvemento da parte práctica (traballos/proxectos en equipo) (40% nota) serán avaliad@s: aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias usadas e revisión bibliográfica.

Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida nos traballos/proxectos) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente.

En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico.

PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes