Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables e financeiros tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo docente e participación na discusión dos mesmos na aula.
Solución de problemas Traballo individual e en grupo, guiado polo docente, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Prácticas a través de TIC Utilización das TICs para resolver exercicios da asignatura (software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, folla de cálculo para desenvolver a análise contable e financeira, ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula e outras aplicacións).
Traballos tutelados Presentación na aula dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente.
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado ca materia.
Proba obxectiva Exame parcial e exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.
Seminario Realización de seminarios con expertos en temas da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes