Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B2 C2 C5 Preparación, participación activa e entrega dun informe para cada seminario con expertos en temas da materia. 10
Solución de problemas A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 Avaliación dos casos propostos polo docente para a súa resolución individual ou en grupo. 10
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Presentación na aula dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente. Na valoración terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas polos estudantes e o docente.

30
Prácticas a través de TIC A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Avaliación dos casos propostos polo docente para a súa resolución individual ou en grupo facendo uso das TICs. 10
Proba obxectiva A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 As probas obxectivas valorarán aspectos teóricos e prácticos. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 nas probas obxectivas. De non cumprirse este requisito, independentemente da nota de avaliación continua, a cualificación recollida na acta será a nota do exame que non supera o límite mínimo.

AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Durante o curso, no día e hora fixados polo docente, realizarase un exame parcial no primeiro cuadrimestre e un exame parcial no segundo cuadrimestre; cada unha destas probas suporá o 20% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 en cada proba obxectiva.
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. Poderán presentarse a esta proba os estudantes que non superaron a materia por parciais e os estudantes que, habendo aprobado a materia por parciais, renuncien á cualificación previamente obtida e o notifiquen por escrito con antelación ao docente para a súa autorización. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.

AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
40
 
Observacións avaliación

Será requisito indispensable para ser avaliad@ a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais e aos diferentes seminarios organizados polo docente da materia ou pola coordinación do grao.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia 

Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente antes do 30 de setembro. Fóra da asistencia ás sesións presenciais, o sistema de avaliación será igual ao do resto do alumnado, podendo acordarse en determinadas circunstancias un calendario específico compatible coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

Avaliación da segunda oportunidade

Realizarase cos mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes