Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B2 C2 C5 Avaliación das probas e/ou informes requiridos para cada seminario e conferencia, seguindo as orientacións do docente. 10
Solución de problemas A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, seguindo as orientacións do docente. 10
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Presentación dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega e resolución, a presentación realizada e a resposta ás preguntas formuladas polo alumnado e o docente.

30
Prácticas a través de TIC A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, facendo uso das TICs e seguindo as orientacións do docente. 10
Proba obxectiva A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 As probas obxectivas valorarán aspectos teóricos e prácticos. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 nas probas obxectivas. De non cumprirse este requisito, independentemente da nota de avaliación continua, a cualificación recollida na acta será a nota do exame que non supera o límite mínimo.

AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial que suporá o 20% da cualificación final. Para poder optar ao segundo exame parcial é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.

A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase:
a) o segundo exame parcial para o alumnado que superou o primeiro parcial. O segundo exame parcial suporá o 20% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
b) o exame final global para o alumnado que non superou o primeiro parcial e o alumnado que, habendo superado o primeiro parcial, renuncie á cualificación previamente obtida e o notifique por escrito con antelación ao docente para a súa autorización. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.

AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
40
 
Observacións avaliación

A discusión dirixida derivada dos casos e problemas propostos ten por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e das técnicas estudadas. Para un óptimo aproveitamento é recomendable a participación activa nas sesións e nos seminarios (organizados polo docente da materia ou pola coordinación do grao).

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia 

Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente antes do 30 de setembro. As probas de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agréganse nunha única proba oral a realizar previamente ao exame do período oficial de avaliación. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Considerarase como “Non presentado” (NP) ao alumnado que:

a) non se presente á proba do período oficial de avaliación.

b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

Avaliación da segunda oportunidade

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC). Neste caso:

a)    É imprescindible enviar un correo electrónico ao equipo docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nestas metodoloxías, e recibir a correspondente autorización.

b)    A avaliación continua (Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agrégase nunha única proba oral a realizar previamente a data oficial do exame da segunda oportunidade. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes