Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B2 C2 C5 Avaliación das probas e/ou informes requiridos para cada seminario e conferencia, seguindo as orientacións do docente. 10
Solución de problemas A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, seguindo as orientacións do docente. 10
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Presentación dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega e resolución, a presentación realizada e a resposta ás preguntas formuladas polo alumnado e o docente.

20
Prácticas a través de TIC A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, facendo uso das TICs e seguindo as orientacións do docente. 10
Proba obxectiva A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 As probas obxectivas valorarán aspectos teóricos e prácticos. Para poder optar a aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na parte de finanzas e na parte de contabilidade. De non cumprirse este requisito, independentemente da nota de avaliación continua, a cualificación recollida na acta será a nota da parte que non supera o límite mínimo de 4 sobre 10.

AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial que suporá o 25% da cualificación final. Para poder optar ao segundo exame parcial é necesario superar o primeiro exame parcial obtendo una nota mínima de 4 sobre 10.

A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase:
A) o segundo exame parcial para o alumnado que superou o primeiro exame parcial. O segundo exame parcial suporá o 25% da cualificación final. Para poder optar a aprobar a materia é necesario superar o segundo exame parcial obtendo una nota mínima de 4 sobre 10.
B) o exame final global para o alumnado que non superou o primeiro parcial e o alumnado que, habendo superado o primeiro parcial, renuncie á cualificación previamente obtida e o notifique por escrito con antelación ao docente para a súa autorización. O exame final global suporá o 50% da cualificación final. Para poder optar a aprobar a materia é necesario superar tanto a parte de finanzas como a parte de contabilidade obtendo unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das devanditas partes.

AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. O exame final global suporá o 50% da cualificación final. Para poder optar a aprobar a materia é necesario superar tanto a parte de finanzas como a parte de contabilidade obtendo unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das devanditas partes.
50
 
Observacións avaliación

TODA A COMUNICACIÓN E DOCUMENTACIÓN SERÁ EN INGLÉS


A discusión dirixida derivada dos casos e problemas propostos ten por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e das técnicas estudadas. Para un óptimo aproveitamento é recomendable a participación activa nas sesións e nos seminarios (organizados polo docente da materia ou pola coordinación do grao). 

Avaliación da segunda oportunidade

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua (50% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC). Neste caso:

a) É imprescindible enviar un correo electrónico ao equipo docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nestas metodoloxías, e recibir a correspondente autorización.

b) A avaliación continua (Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agrégase nunha única proba oral a realizar previamente a data oficial do exame da segunda oportunidade. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.

Convocatoria adiantada

Na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de avaliación adiantada:

a) A avaliación continua (50% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agrégase nunha única proba oral. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.

b) Proba obxectiva (50% da cualificación final). Para poder optar a aprobar a materia é necesario superar tanto a parte de finanzas como a parte de contabilidade obtendo unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das devanditas partes.

Cualificación de non presentado.

Considerarase como “Non presentado” (NP) ao alumnado que:

a) non se presente á proba do período oficial de avaliación, ou

b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia 

Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. As probas de avaliación continua (50% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agréganse nunha única proba oral a realizar previamente ao exame do período oficial de avaliación (o alumnado que participe da avaliación por parciais poderá solicitar por escrito, antes do 30 de novembro, realizar dúas probas orais coa mesma ponderación -50%-: unha antes do primeiro exame parcial e a segunda previamente ao exame do período oficial de avaliación). A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual

O docente pode requirir a posterior defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes