Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A3 A9 A13 B1 B2 C3 C8 Proba práctica usando o software visto na materia. 30
Sesión maxistral A9 A13 B1 B2 C3 C8 Asistencia e participación activa nas clases e seminarios. 5
Traballos tutelados A9 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C7 C9 Avaliación dos traballos propostos polo profesorado. 25
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B3 B4 B8 B9 C3 C8 C9 Entrega de tarefas realizadas en clase ou de forma autónoma polo alumnado. 10
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B9 C2 C9 Exame sobre os contidos teóricos da materia. 30
 
Observacións avaliación

Criterios
de avaliación

Segunda
oportunidade



Os
criterios de avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que en
primeira. O alumno terá unha segunda oportunidade para realizar a proba mixta e
a proba práctica. Se a cualificación do alumno en primeira oportunidade nalgunha
das dúas probas é superior a 4, non será necesario que repita a proba e
daráselle a opción de conservar a nota obtida previamente. Os traballos
tutelados, clases maxistrais e prácticas a través de TIC, por ser avaliados de
forma continua, non poderán ser recuperados.

Convocatoria
adiantada.



Se
houbese alumnado que quixese presentarse á convocatoria adiantada de decembro
(Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e máster universitario"), o alumnado que se presente a
esta convocatoria deberá realizar a proba mixta (35% da nota), a proba práctica
(40% da nota), e o traballo tutelado (25% da nota).O traballo de curso deberá
realizarse de forma individual.



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica.

Cualificación
“non presentado”



Asignarase
a cualificación "Non Presentado" ás persoas que non se presenten ao
exame final (proba práctica e proba mixta) en primeira oportunidade, segunda
oportunidade ou convocatoria adiantada.

Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia



O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá comunicar ao comezo do curso a súa situación
ao profesorado da materia, para así poder establecer un plan e calendario de
traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (35%), proba
práctica (30%), traballos tutelados (25%) e prácticas a través de TIC (10%). O
traballo tutelado deberá realizarse en grupo.

Nota
mínima



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica.

Para poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, requerirase unha asistencia mínima do 80% das clases salvo causa xustificada. En caso de que a nota media sexa de 5 ou superior, a cualificación do alumno que non cumpla este criterio será de 4,5 SUSPENSO. O alumnado con dedicación a tempo parcial non estará suxeito a este requerimento.

Información
adicional.



O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación
supoñerá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final. Está
prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes