Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 LECTURAS E PRESENTACIÓN ORAL: 40% da nota final.

Presentaranse informes orais sobre as lecturas, análises bibliográficas e traballos prácticos, así como a realización dun proxecto final ou traballo. Faranse en grupo.

Os criterios de avaliación inclúen comprobar a inclusión e aplicación da parte teórica, a calidade e claridade da presentación, a precisión e calidade das respostas, a calidade das fontes primarias e secundarias utilizadas e a revisión da literatura correspondente.
40
Proba de resposta múltiple B1 B5 B9 C2 PROBA DE OPCIÓNS MÚLTIPLES: 50% da nota final.

Test ou proba de elección individual (catro opcións). Cada resposta incorrecta reducirá a puntuación final.
50
Sesión maxistral A1 A2 A12 A13 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 ASISTENCIA: 10% da nota final.

A asistencia ás sesións maxistrais, así como a clases prácticas, representarán o 10% da nota final.
10
 
Observacións avaliación
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE E EN SEGUNDA OPORTUNIDADE.

PROBA DE ELECCIÓN MÚLTIPLE. A nota obtida significará o 100% da calificación final da asignatura.

Test ou prueba de elección individual múltiple (catro opcións). Cada resposta incorrecta baixará a puntuación da proba.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes