Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral 1.- Exposición dos conceptos e contidos teórico/prácticos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas tratados no programa.

2.- O tempo adicado a cada un dos temas en que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade de cada un deles. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión poderíase remitir ao estudante á bibliografía, aínda que nese caso nas clases orientaráselle sobre que fontes concretas se recomenda utilizar.
Solución de problemas 1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.

2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.

3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.

4. Na aula poderanse formular exercicios que o estudante deberá resolver e entregar ao profesor para a súa avaliaciación.

5. Poderanse formular tamén exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. Posteriormente poderase facer unha entrega avaliable e/ou revisión dos exercicios, na que o alumno pode intervir, e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule.

6.-Poderanse formular tamén exercicios ou casos prácticos a realizar en pequenos grupos de estudantes (traballo colaborativo) en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha unha presentación oral nas que os estudantes presentarán os casos resoltos.

As entregas dos exercicios poderán ser fisicas ou online a través das plataforma habilitadas a tal efecto.
Proba obxectiva 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia. O exame podería conter preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito, presencial ou virtual.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas (en caso de ser presencial) que o Decanato fixe oficialmente.
Proba de resposta breve 1. Poderán ser varias ao longo do curso. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.

2.- Poderán ser en horario de clase de maneira presencial ou ben de maneira online.
Presentación oral 1.- Seguindo o indicado na metodoloxía de solución de problemas. Formularanse exercicios, pequenos traballos ou casos prácticos a realizar en pequenos grupos de estudantes (traballo colaborativo) cuxa resolución presentarán de maneira oral.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes