Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 C3 Seguindo o indicado na metodoloxía de solución de problemas. Formularanse exercicios, pequenos traballos ou casos prácticos a realizar en pequenos grupos de estudantes (traballo colaborativo) cuxa resolución presentarán de maneira oral.

A nota da exposición será individual para cada un dos compoñentes do grupo.

Os estudantes expoñerán a resolución do caso práctico e responderán posteriormente ás preguntas plantexadas polo docente.
20
Solución de problemas B2 B4 B7 B8 B9 C7 C9 1.- Na aula poderanse formular exercicios que o estudante deberá resolver e entregar ao profesor para a súa avaliciación

2.- Poderanse formular tamén exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. Posteriormente farase unha entrega dos exercicios para que poidan ser avaliados.

3.- Tamén se facilitarán ós estudantes determinados casos prácticos para que sexan resoltos en pequenos grupos de traballo (traballo colaborativo) para posteriormente presentar de maneira oral a súa resolución.

As entregas dos casos prácticos poderán ser en formato físico (papel) ou virtual (a través das plataformas habilitadas a tal efecto)

40
Proba obxectiva A1 B2 B4 B7 B9 C5 C9 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia. O exame podería conter preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito, presencial ou virtual.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que o Decanato fixe oficialmente.
20
Proba de resposta breve B2 B3 B4 B7 C9 1 Consiste nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.

2.- As probas de resposta breve poderán ser presenciais ou virtuais
20
 
Observacións avaliación
1.- Segunda oportunidade:

Se realizará unha proba mixta co fin de evaluar todas as competencias e contidos propios da materia. O resultado obtido nesa proba coincidirá coa nota final obtida polo alumno/a (100 %)

2.- Convocatoria adiantada:

Só neste caso, se realizará unha proba mixta co fin de evaluar todas as competencias e contidos propios da materia. O resultado obtido nesa proba coincidirá coa nota final obtida polo alumno/a.

3.- Calificación de non presentado:

Corresponde ao alumnado que:

A) Só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

B) Non se presente ás probas do periodo de evaluación oficial marcado polo decanato.


4.- Estudantes matriculados a tempo parcial e con "dispensa académica de exención de asistencia":

Deberán comunicalo ao profesorado, antes do 30 de setembro, para acordar un calendario de entregas de supostos e casos prácticos que substituirán á presentación oral e á solución de problemas. As demáis cuestións manteñense sen cambios, seguindo as mesmas indicacións que o resto de estudantes. 

5.- Condicións de realización dos exames:

  1. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
  2. Os/as estudantes acreditarán a súa identidade dacordo coa normativa vixente.
  3. As probas non realizadas puntuarán como 0 puntos e as realizadas en fraude suporán a cualificación de 0 puntos na convocatoria da materia (Art. 14 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario)

  4. Os criterios de puntuación de cada unha das probas se darán a coñecer no momento da proba.

  5. Nos exames/probas en caso existir preguntas  tipo test  as mal respondidas poderán puntuar en negativo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes