Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Tecnoloxía: Tecidos e Materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A13 A18 B1 B3 B9 C3 Entrega do informe de prácticas 5
Presentación oral B1 B2 B3 B4 C3 C9 Exposición oral do traballo supervisado e resposta ás preguntas que se formulan 30
Proba mixta A9 A13 A18 B4 Inclúe preguntas sobre todo o tratado no curso (incluído o traballo supervisado presentado polos estudantes)
30
Análise de fontes documentais A9 A13 A18 B1 B3 B9 C3 Entrega do resumo de análise de fontes documentais 5
Traballos tutelados A9 A13 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B8 C3 C9 Entrega do informe de traballo supervisado asignado 30
 
Observacións avaliación

A proba mixta poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos abordados en calquera das sesións, xa sexan teóricas, prácticas ou durante os debates que se produzan nas exposicións dos traballos.

Para superar a materia é necesario unha puntuación mínima de 4 (nunha escala de 0 a 10) na proba mixta.

O alumnado con exención académica terá que realizar a proba mixta e presentar un traballo previamente acordado cos profesores da materia. A avaliación será nun 60% a proba mixta e nun 40% o traballo tutelado.

Os criterios de avaliación da 2a oportunidade son os mesmos que os da 1a oportunidade. Se o alumno non realizase o traballo proposto durante o curso, deberá presentar un traballo previamente consensuado cos profesores da materia. A avaliación será nun 60% a proba mixta e nun 40% o traballo tutelado.

Os criterios de valoración da convocatoria extraordinaria son os mesmos que os da 1a oportunidade. Se o alumno non realizase o traballo proposto durante o curso, deberá presentar un traballo previamente consensuado cos profesores da materia. A avaliación será nun 60% a proba mixta e nun 40% o traballo tutelado.

Cualificarase como Non Presentado en toda a materia en todos os casos que non concorran á proba mixta.

O comportamento fraudulento en calquera dos apartados obxecto de avaliación dará lugar á cualificación de "Non (0)" na avaliación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes