Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Inglés de Negocios
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A12 B1 B3 B4 C2 PROBA FINAL de Reading, Writing e Listening 15
Seminario A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 Exercicios de Reading e Writing realizados na aula 10
Obradoiro A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 Exercicios de Listening e Speaking realizados na aula
10
Traballos tutelados A12 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 Project final en grupo 30
Sesión maxistral A12 B1 B5 C2 Os contidos e materia tratada durante as sesións maxistrais será avaliada de forma transversal no resto de metodoloxías, e de forma directa mediante a OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA do estudantado. 10
Estudo de casos A3 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 Serie de pequenos traballos individuais, como resumos, reflexións, ou comparacións, baseados en bibliografía específica. 20
Presentación oral A12 A3 B1 B2 B4 B5 C2 Breve presentación oral sobre un aspecto específico. 5
 
Observacións avaliación

En xeral, valorarase a corrección no uso da lingua inglesa en todas as actividades de avaliación e non unicamente nas destinadas especificamente a este cometido.

Será necesario superar o 4 en cada un dos apartados para dar por superada a materia.

A PROBA FINAL terá lugar na data de exame marcada polos organismos responsables da titulación. Serán anunciadas con anticipación suficiente tanto as datas de realización en clase da presentación oral e da defensa do Project como as datas límite de entrega dos estudos de caso. Os exercicios de reading, writing, listening e speaking realizados na clase non serán recuperables.

CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO:

Para a obtención da calificación de Non Presentado, o estudantado deberá non ter acudido á proba final NIN TAMPOUCO presentado o PROJECT.

OPORTUNIDADE DE XULLO:

O estudantado suspenso só terá que recuperar aquelas probas que suspendese. Determinaranse novas datas para a entrega de traballos. O peso das probas finais de WRITING, READING, SPEAKING e LISTENING poderá subir ao total da cualificación para poder recuperar os exercicios realizados na aula.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes