Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Innovación Industrial en Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A9 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C8 C9 En relación ás prácticas a través de TIC, valorarase:
- A asistencia e participación activa nas prácticas.
- A calidade do entregable final, se fose o caso, en relación áa presentación formal, á expresión escrita e á coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas. Ditos entregables poderán ser pequenos cuestionarios, breves informes ou presentacións cortas sobre os contidos desenvolvidos durante a sesión.
2
Traballos tutelados A6 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C5 C7 C9 Avaliación do memoria/informe escrito e a exposición oral do traballo en grupo proposto.

En relación ao traballo tutelado valorarase:
- A adecuación metodolóxica do informe.
- O dominio de contidos específicos.
- A expresión escrita e a presentación formal.
- O manexo da información e as fontes empregadas.
- A claridade da presentación e da exposición oral.
- A coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo e non a suma das partes).

40
Proba mixta A1 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 C3 C9 Examen final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia que se realizará na data oficial prevista no calendario de exames da facultade.

O exame pode combinar diferentes tipos de preguntas (preguntas de ensaio, preguntas de resposta curta, preguntas de opción múltiple...).
40
Estudo de casos A1 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C2 C3 C8 C9 Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.

En relación aos casos propostos valorarase:
- A asistencia ás sesións interactivas onde se propoñan os casos.
- A participación activa nas sesións interactivas.
- A coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas.
- A presentación formal dos contidos desenvolvidos se fose necesario.
- A expresión escrita.
- A consulta de fontes bibliográficas

Outras observacións:
- Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación poderá realizarse por pares.
- Poderán realizarse pequenos cuestionarios sen necesidade de aviso previo e sempre sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións expositivas ou interactivas. Estes cuestionarios poderán contar ata un 3% do 13% do peso desta parte na avaliación.
13
Sesión maxistral A1 A5 A6 A9 A13 B1 B3 B8 C5 C8 En relación as sesións maxistrais, valorarase:
- A asistencia e participación activa nas sesións maxistrais (por exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resposta a preguntas formuladas...).
- A correcta realización de pequenos cuestionarios sen necesidade de aviso previo e sempre sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións expositivas.
5
 
Observacións avaliación

1.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA

A.
Primeira e segunda oportunidade
 

-
Para poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e no traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito,
a cualificación final será de "Suspenso", aínda cando a nota media de
todas as actividades a avaliar outorgase unha puntuación igual ou superior a 5
puntos sobre 10.


- Será requisito indispensable para ser avaliado/a en ambas convocatorias a
asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións
presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios
organizados.

- As prácticas a través de TIC e os casos de estudo non se poderán recuperar na segunda oportunidade de avaliación.


- Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar
a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da primeira e segunda
oportunidade, a súa cualificación final será de "Suspenso". No
seguinte curso académico, o/a alumno/a poderá gardar a nota daquelas probas que
ten superadas (sempre e cando obtivese unha puntuación igual ou superior a 5
puntos sobre 10), se así o desexa, e sempre e cando informe ao profesorado da
súa decisión nas dúas primeiras semanas de clases. Esta condición solo rexerá
durante o curso académico seguinte; a partir de aí, non se gardará ningunha
nota.

B. Convocatoria
adiantada
 

- Se houbese alumnado que queira presentarse á
convocatoria adiantada de decembro (Art. 19 "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario"), o alumnado que se presente a esta convocatoria deberá realizar
a proba mixta (40% da nota), o traballo tutelado (40% da nota) e os casos de
estudo (10% da nota). O traballo de curso deberá realizarse de forma
individual.

C. Nota mínima 

- En calquera dos casos, para poder superar a materia, tanto na primeira
como na segunda oportunidade de avaliación, deberá obterse unha cualificación
final igual ou superior a 5 puntos sobre 10, sempre e cando o alumnado obtivese
unha puntuación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta e
no traballo tutelado.

2. SITUACIÓNS

A. Alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia segundo establece a “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DECICACIÓN AO
ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3;3.b e 4.5) (29/05/2012)
 

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa
situación ao profesorado da materia, á fin de establecer un plan e calendario
de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (50%),
traballos tutelados (40%) e estudo de casos (10%). O traballo tutelado deberá
realizarse en grupo.


- Os criterios de nota mínima para o alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia son os mesmos que
os do punto 1C.

B. Cualificación 'Non
presentado'

- En calquera dos casos, serán cualificadas con "Non Presentado” as
persoas que non se presenten ao exame final da convocatoria na data oficial
establecida no calendario de exames da facultade, sexa a primeira oportunidade,
a segunda ou a convocatoria adiantada.

3. INFORMACIÓN
ADICIONAL
 

- O comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a
avaliación suporá a cualificación de "Suspenso(0)" na avaliación
final.


- Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes