Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica da Empresa de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica.
Lecturas Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula.
Presentación oral Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito.
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeras sesións de clase.
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Proba de resposta múltiple Proba tipo test de resposta múltiple onde unha sola opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan.
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes