Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Taller 4: Planificación, Deseño e Xestión de Produto de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Sesións de coordinación, presentación de profesionais e establecemento da planificación da materia (horarios, contidos, prácticas, etc.).
Sesión maxistral Os contidos do programa teórico da asignatura introdúcense nunha conferencia formal, a través de medios audiovisuais. As diapositivas non se entregarán aos alumnos. O profesor supervisará a asistencia ás conferencias; A asistencia regular é un requisito no procedemento de avaliación.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple con erros penalizadores (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Traballos tutelados Traballos individuais e en grupo, onde se poñen en práctica e aplican os coñecementos teóricos adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes