Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Fundamentos da Información e a Documentación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á aplicación teórica e práctica dos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Centrarase na elaboración dunha lista de referencias bibliográficas sobre un tema relacionado con el grado. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Será obrigatorio consensuar o tema deste traballo coa docente dentro do plazo que se estableza a tal fin.

Presentación oral Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.
Portafolios do alumno Reunión virtual (a través da plataforma moodle) dos traballos dos alumnos que permitirán comprobar o seguimento dos contidos expostos, profundar nos contidos traballados e poñer en práctica as habilidades ensinadas. Realizaranse, entre outras posibilidades, procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet; actividades de resumo, comentario ou resposta a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc.; test de moodle ou google forms.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes