Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Planificación e Xestión dos Servizos de Información
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Planificación e Xestión dos Servizos de Información Código 710G04006
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é desenvolver conceptos e habilidades en xestión de unidades de información, comprendendo a planificación, a dirección, a innovación e o liderado, así como a xestión de recursos tanxibles e intanxibles.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes e de avaliación que se manteñen: -As sesións maxistrais mantéñense por videoconferencia, no seu horario oficial, primando a aprendizaxe activa e participativa. -O portafolios do alumno mantense, os/as alumnos/as entregarán a través do Campus Virtual, periodicamente e no prazo estipulado, distintas actividades para o seguimento dos coñecementos adquiridos (cualificación: 50%). Estas actividades forman parte do traballo autónomo do alumnado, pero todas elas serán debatidas e correxidas conxuntamente entre a profesora e o alumnado nas clases por videoconferencia. -A proba mixta mantense, os/as alumnos/as traballarán de forma periódica en cuestionarios de avaliación (con preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación) sobre cada un dos temas analizados nas clases, que deberán completar a través de Forms e nun tempo establecido (cualificación: 50%). O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba. *Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: 3.1. Docencia virtual: Teams 3.2. Contidos teóricos e prácticos da materia: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual 3.3. Entrega e corrección de actividades: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual 3.4. Cuestionarios de avaliación: Forms con enlace no Campus Virtual 3.5. Titorías: Teams, Campus Virtual e correo electrónico da UDC 4. Modificacións na avaliación: ningunha. *Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa. Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. O alumnado que non entregue ou no supere o portafolios completo e todos os cuestionarios, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono en liña nos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%), non podendo utilizar ningún material adicional (esta proba será supervisada por videoconferencia, a través de Teams). Os alumnos e alumnas que non poidan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao profesorado da materia tal circunstancia, ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. A realización fraudulenta do cuestionario ou do traballo implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes