Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Representación e Recuperación Dixital da Información I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Representación e Recuperación Dixital da Información I Código 710G04007
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Gómez Brandón, Adrián
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
adrian.gbrandon@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dos conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da Análise Documental, os seus niveis operativos e os resultados documentais. Análise dos métodos e técnicas da catalogación descritiva, prestando especial atención ao estudo das Regras de Catalogación españolas, dos formatos ISBD e MARC, o código RDA e o modelo de metadatos Dublin Core. Aplicación práctica do estudado no ámbito conceptual e metodolóxico-técnico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes e de avaliación que se manteñen: -As sesións maxistrais mantéñense por videoconferencia, no seu horario oficial, primando a aprendizaxe activa e participativa. -O portafolios do alumno mantense, os/as alumnos/as entregarán a través do Campus Virtual, periodicamente e no prazo estipulado, as distintas actividades e exercicios de catalogación para o seguimento dos coñecementos adquiridos (cualificación: 60%). Estas actividades forman parte do traballo autónomo do alumnado, pero todas elas serán debatidas e correxidas conxuntamente entre a profesora e o alumnado nas clases por videoconferencia. -Os traballos tutelados mantéñense. Os/as alumnos/as entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, os distintos traballos tutelados propostos (cualificación: 30%). As sesións desta metodoloxía realizaranse a través do mecanismo de docencia virtual no seu horario oficial. -A proba obxectiva mantense, realizarase de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado (cualificación: 10%). *Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: 3.1. Docencia virtual: Teams 3.2. Contidos teóricos e prácticos da materia: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual 3.3. Entrega e corrección de actividades: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual 3.4. Proba obxectiva: Forms con enlace no Campus Virtual 3.5. Titorías: Teams, Campus Virtual e correo electrónico da UDC 4. Modificacións na avaliación: ningunha. *Observación da avaliación: Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa, do mesmo xeito que para o caso dos traballos tutelados. Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. Os/as alumnos/as que non entreguen ou non superen o portafolios completo, a proba obxectiva e todos os traballos tutelados, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono en liña (primeira e segunda oportunidade) nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 70%), non podendo utilizar ningún material adicional, no caso do contido teórico, e debendo realizar unha proba práctica de exercicios de catalogación en ISBD (estas actividades serán supervisadas por videoconferencia, a través de Teams). Así mesmo, deberán entregar, de xeito obrigatorio e na data fixada, os traballos tutelados (cualificación: 30%). A realización fraudulenta do cuestionario, do portafolios ou dos traballos tutelados implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes