Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Representación e Recuperación Dixital da Información I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba mixta que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesorado. Os traballos tutelados servirán para aplicar os coñecementos adquiridos na materia sobre medios dixitais.
Portafolios do alumno Carpeta de traballo dos/as alumnos/as que deben entregar, periodicamente e no prazo estipulado, á profesora coas distintas actividades propostas. Debido á natureza da materia os alumnos traballan especialmente en exercicios prácticos de catalogación.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte do profesorado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes