Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Representación e Recuperación Dixital da Información I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A13 A14 B4 B7 B8 B9 C8 Valórase a adecuación do traballo dos/as alumnos/as aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas do alumnado. En cada un dos exercicios de catalogación valórase a capacidade de análise e a resolución de problemas, ademais do esforzo e dedicación demostrados polo alumnado.

Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
Proba obxectiva A1 A9 B3 B11 C1 C7 Proba mixta, cuestionario de avaliación dos contidos teóricos:
Avalíanse o número de erros e acertos do cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademais os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.

Os/as alumnos/as deberán revisar e razoar previamente todo o contido da documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta ao cuestionario, podendo empregar dita documentación para a súa realización.

O cuestionario deberá completarse de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado. Fóra do tempo establecido non será avaliado.
10
Traballos tutelados A6 B2 B6 B10 C2 C6 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas, o contido, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a resolución dos problemas, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles: 

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa, do mesmo xeito que para o caso dos traballos tutelados. 

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

 -Os/as alumnos/as que non entreguen ou non superen o portafolios completo, a proba obxectiva e todos os traballos tutelados, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados (primeira e segunda oportunidade) nos exames oficiais  dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 70%), non podendo utilizar ningún material adicional, no caso do contido teórico, e debendo realizar unha proba práctica de exercicios de catalogación en ISBD, na que se avaliará a capacidade de análise e a resolución fundamentada do problema. Así mesmo, deberán entregar, de xeito obrigatorio e na data fixada, os traballos tutelados (cualificación: 30%). 

-A realización fraudulenta do cuestionario, do portafolios ou dos traballos tutelados implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes