Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión da Información Dixital
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva
Haberá unha proba obxectiva de carácter teórico-práctico dirixida a verificar o nivel de consecución da materia por parte do alumnado que levará ao debate e á reflexión crítica desta na clase unha vez realizada. A participación neste debate conxunto constituirá un elemento máis para a avaliación e cualificación do desempeño na materia
Sesión maxistral Realizaranse as sesións maxistrais necesarias para a exposición dos contidos teóricos que compoñen os contidos da materia, así como todas as cuestións teórico-prácticas necesarias para o desenvolvemento e resolución dos estudos de caso propostos.
Estudo de casos Os estudantes enfrontaranse ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa creación, xestión e recuperación de información bibliográfica a partir dunha base de datos bibliográfica creada ad hoc para o desenvolvemento dun proxecto de investigación relacionado cun obxecto de estudo seleccionado polo estudante/a.
Lecturas
Lectura individualizada dos textos propostos polo profesor e debate colectivo na aula na que se fundamenta a discusión crítica sobre os seus contidos.
Prácticas a través de TIC Desenvolveranse unha serie de prácticas dirixidas a coñecer e usar software e ferramentas para a xestión da información bibliográfica e a promoción de recursos dixitais nas redes sociais académicas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes