Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión Electrónica de Documentos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A3 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C7 C8 Consisten en actividades prácticas que posibilitan ó alumnado aprender dun xeito efectivo, mediante o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións. 20
Estudo de casos A1 A3 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C7 C8 A través do estudo de casos o alumnado atópase ante unha situación específica que se expón onde se suscita un problema que ten que ser analizado para chegar a unha decisión razoada. 10
Traballos tutelados A1 A3 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C7 C8 Mediante os traballos tutelados promóvese a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do profesor no seguimento desa aprendizaxe. 30
Proba obxectiva A1 A3 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C7 C8 Nesta asignatura haberá unha proba obxectiva final (test) que avaliará os coñecementos adquiridos. 40
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación desta asignatura consistirá en: 

- Proba obxectiva final (test): 40% (puntuarase de 0 a 4
puntos e para superar esta proba obxectiva requírese un mínimo de 2 puntos)

- Realización de prácticas e traballos tutelados: 50%, onde
2 puntos corresponden a Prácticas a través de TIC (non se pode recuperar na segunda
oportunidade) e 3 puntos corresponden a Traballos tutelados (nota mínima de
1,5)

- Seguimento continuado da asistencia e a participación
activa: 10%

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na materia na oportunidade correspondente.  

En primeira e segunda oportunidade o sistema de avaliación será
o indicado.  

O sistema descrito tamén será de aplicación ó alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes