Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión e Industria Cultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B6 B10 B11 C2 C6 Valorarase o grao de competencia adquirido na realización das prácticas.
30
Traballos tutelados A17 B2 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C3 C8 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas, o contido, a coherencia da estructura, a redacción, a presentación e as fontes e bibliografía empregada. Considerarase o compoñente crítico-reflexivo.
20
Proba obxectiva B1 B2 Proba dirixida a avaliar o grao de coñecemento acadado polos estudantes en relación cos contidos da materia. 50
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación.

Non se avaliarán os traballos presentados fora de prazo, que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Poderán presentarse á segunda oportunidade únicamente os estudantes que no superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. 

Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. 

Estudantes con adicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia
Os estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases serán avaliados nas dúas oportunidades como o resto do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes