Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Conservación e Preservación da Información na Era Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A8 B3 B4 B7 Proba escrita sobre os contidos da materia.
50
Portafolios do alumno A8 A14 A15 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, a coherencia da estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.
50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía
no apartado de avaliación, sempre e cando se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías: proba mixta e portafolios. 


Os traballos do portafolios cualificaranse sobre 10 e farán media aritmética entre eles. Non se avaliarán os traballos non consensuados coa profesora, cando sexa necesario acordar un tema, os presentados fóra de prazo, os que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou os que fosen copiados. 




SEGUNDA OPORTUNIDADE



Poderán presentarse á segunda oportunidade únicamente os estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade. Os criterios de avaliación serán os mesmos que os da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas metodoloxías mencionadas no
apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os estudantes recuperarán só a parte que teñan suspensa. 



ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA



Terán as mesmas condicións que o resto do alumnado. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes