Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Latín Práctico para Arquivos e Bibliotecas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B4 C1 Realizarase unha proba escrita individual de carácter fundamentalmente práctico en cada unha das convocatorias oficiais (xuño e xullo). 50
Aprendizaxe colaborativa A6 A19 B1 B2 B4 B6 B9 C2 Realización e entrega das actividades de cada tema propostas ao estudantado, que serán obxecto dun debate e posta en común nas aulas interactivas. As actividades deberán entregarse por escrito nos prazos acordados. 50
 
Observacións avaliación

Na modalidade de avaliación continua, a calificación da materia será o resultado da suma das calificacións parciais obtidas nas distintas actividades de avaliación realizadas. A puntuación mínima para superar a materia é de 5.
Os/as estudantes que non superasen a materia na convocatoria de xuño poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes ou suspensas coas mesmas condicións e porcentaxes.
As actividades presentadas por escrito e a proba final deberán cumprir cos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de modo claro e carecer de faltas de ortografía. Estes aspectos poderán terse en conta na avaliación.
Aquelas persoas que teñan algún tipo de dispensa legal de asistencia ás aulas poderán presentarse a un exame final, nas convocatorias oficiais, que contará no seu caso o 100% da calificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes