Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Introdución á Codicoloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Introdución á Codicoloxía Código 710G04022
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Profesorado
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Web http://https://coruna.academia.edu/Jos%C3%A9CSantosPaz
Descrición xeral A materia pretende introducir o alumnado no estudo das formas que adopta o libro manuscrito antigo, medieval e renacentista, prestando especial atención á descrición morfolóxica dos soportes de escritura e aos procesos polos que estes pasan para recibiren a escritura. Outros aspectos salientables son os diferentes métodos de descrición e catalogación de libros antigos, o coñecemento de bibliotecas dixitais de manuscritos, así como coñecementos relacionados coa historia do libro, das bibliotecas e coa transmisión dos textos antes da aparición da imprenta. O enfoque da materia é teórico-práctico. A parte práctica realizarase sobre facsímiles e reproducións dixitais de manuscritos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes