Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Ciencia de Datos
   Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, sendo: Introdución e conceptos estatísticos principais relativos a mostraxe e deseño de enquisas. Introdución á inferencia estatística e estimación puntual. Intervalos de confianza. Contraste de hipótese. Análise da varianza ( ANOVA). Modelos de regresión. Outras técnicas de análises multivariante. Ferramentas computacionales para a xeración de informes estatísticos.
1. Mostraxe e enquisas: introdución e conceptos principais. Conceptos xerais de mostraxe estatística e deseño de enquisas.
2. Introdución á inferencia estatística e estimación puntual. Conceptos xerais. Mostraxe. Estimación de parámetros. Propiedades dos estimadores. Estimación puntual: estimación puntual da media, a varianza e dunha proporción.
3. Intervalos de confianza. Concepto de Intervalo de confianza. Intervalo de confianza para unha media, para unha varianza, para unha proporción e para a diferenza de dúas medias.
4. Contraste de hipótese. Conceptos xerais. Contrastes de hipóteses para a media, a proporción e para a diferenza de dúas medias. Contrastes de independencia.
5. Análise da varianza (ANOVA). ANOVA gráfico. ANOVA dun factor. ANOVA de máis dun factor.
6. Modelos de regresión. Modelo de regresión lineal simple e múltiple. Outros modelos de regresión.
7. Outras técnicas de análise multivariante: análise de compoñentes principais, análise factorial, análise de correspondencias, escalado multidimensional. Introdución ás técnicas multivariantes máis usadas.
8. Ferramentas computacionales para a xeración de informes estatísticos. Introdución a distintas ferramentas do software estatístico R para a xeración de informes: Rstudio, Rmarkdown, Gráficos con R, Htmlwidgets.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes