Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Estudos Métricos da Información
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Serán sesións expositivas nas que se introducirán e describirán os diversos temas da materia, mediante presentacións (usando os adecuados medios audiovisuais) que incluirán teoría e exemplos.
Prácticas a través de TIC Desenvolveranse clases prácticas mediante software estatístico, nas que se introducirá a súa programación e aplicación a partir de casos reais e simulados.
Estudo de casos Aplicaranse as técnicas bibliométricas e, en xeral, estatísticas impartidas na materia para a resolución de exercicios e casos de estudo reais e simulados no ámbito da Informetría.
Traballos tutelados Realizaranse traballos individuais e/ou en grupo, tutelados polos docentes da materia. Nestes traballos poderá abordarse a resolución de exercicios prácticos ou de casos de estudo específicos relacionados co ámbito da Informetría. Para tal fin, poderanse aplicar técnicas bibliométricas e, en xeral, estatísticas, utilizando software específico de análise cuantitativa coma é o paquete R, ademais da análise cualitativa. Tamén se poderá realizar un estudo de revisión acerca dun tema concreto da materia ou en relación ao software utilizado. Os traballos poderán ser propostos polos docentes ou polos propios alumnos (as propostas serán tidas en conta ou non sempre segundo o criterio do docente).
Proba obxectiva Consistirá nunha proba tipo test sobre os contidos impartidos na materia, que, opcionalmente, poderá conter cuestións para desenvolver por escrito.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes