Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Estudos Métricos da Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A13 A16 A20 A22 B10 B11 C2 Valorarase a asistencia e/ou o desempeño dos alumnos nas clases prácticas co software estatístico. 20
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C5 C6 C8 Realizaranse traballos individuais e/ou en grupo, tutelados polos docentes da materia. Nestes traballos poderá abordarse a resolución de exercicios prácticos ou de casos de estudo específicos relacionados co ámbito da Informetría. Para tal fin, poderanse aplicar técnicas bibliométricas e, en xeral, estatísticas, utilizando software específico de análise cuantitativa coma é o paquete R, ademais da análise cualitativa. Tamén se poderá realizar un estudo de revisión acerca dun tema concreto da materia ou en relación ao software utilizado. Os traballos poderán ser propostos polos docentes ou polos propios alumnos (as propostas serán tidas en conta ou non sempre segundo o criterio do docente). 40
Proba obxectiva A21 B1 B2 Proba tipo test que, opcionalmente, poderá conter algunha cuestión para desenvolver por escrito. 40
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Realizarase unha proba de resposta múltiple de 10 a 20 preguntas que representa o 40% da nota (opcionalmente, poderanse incluir preguntas a desenvolver por escrito). Por outra banda, a avaliación continua constará da asistencia e/ou entrega de prácticas relacionadas coa aprendizaxe e aplicación do software para a resolución de problemas no campo da Informetría (20% da nota global), ademais da entrega dun ou varios traballos de aplicación de técnicas bibliométricas e, en xeral, estatísticas, para a resolución de casos de estudo en Informetría (alternativamente poderán ser traballos de revisión ou ampliación da materia) que representa o 40% da nota total. 

Segunda oportunidade

Na avaliación da segunda oportunidade se seguirá o mesmo criterio que na primeira.

Convocatoria adiantada

Todas as observación previas son aplicables aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada do exame.

Calificación de non presentado

En calquera das dúas oportunidades anuais figurará un NON PRESENTADO naqueles casos nos que o alumnado non acuda ó exame oficial da materia.

Estudiante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir a clases, este será avaliado nas dúas oportunidades como o resto do alumnado que se atopa nunha situación similar.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes