Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Deseño e Xestión de Sitios Web
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ao remate do traballo tutelado, cada alumno realizará unha presentación oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do traballo tutelado. 0
Traballos tutelados A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a calidade dos traballos realizados. 50
Prácticas a través de TIC A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obrigatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a cualificación en función do resultado da exposición oral. É dicir, deberase obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5. Se non se obtén a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.

Todo alumno que non realice a presentación oral do traballo tutelado terá a cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da exposición oral).

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, terán as mesmas condicións que o resto do alumnado aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse criterios de segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes