Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Linguaxes de Descrición de Información Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A8 A10 A19 A22 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 20
Proba mixta A1 A8 A13 Proba escrita individual sobre contido teórico-práctico. 40
Traballos tutelados A10 A19 A20 A22 Avaliarase a calidade dos traballos realizados. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (40% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (60% da nota final): corresponde á proba mixta e á recuperación da nota dos estudos de casos.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.

Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.

Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 4 no traballo tutelado, e de 3 sobre 6 na proba mixta.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes