Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Sistema do Coñecemento: Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías
Esquemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é un factor decisivo na formación do alumno. O sistema de titoría británico é un bo exemplo de práctica educativa ben pensada. Tanto o contido das sesións maxistrais como os esquemas (abstracts) e traballos titorizados son elementos para unha atención personalizada. Entre eles, cabe destacar os traballos supervisados para esa atención personalizada.

Clases maxistrais
As clases maxistrais son unha parte indispensable da formación académica.
A sesión maxistral servirá para presentar na aula aqueles contidos que axuden en maior medida a seguir o programa da materia. Os principios de claridade, sistematicidade e rigor serán a prioridade á hora de transmitir o coñecemento.

Esquemas:
Os esquemas preséntanse en termos de abstracts de textos relevantes para o tema, que servirán para a análise crítica de textos en función da súa estrutura interna.
O uso de esquemas para tratar textos permite claridade, profundidade e sistematicidade na elaboración de abstracts.

Dentro da actividade universitaria está a ensinar a facer traballos. É precisamente nesta tarefa onde se pode esperar unha atención personalizada máis directa.
Os traballos titorizados centraranse na capacidade de análise e síntese. Considerarase especialmente a precisión no aparello crítico na redacción das obras e a bibliografía empregada. Estes traballos supervisados puntuaranse na avaliación final, unha vez alcanzado o nivel de aprobación na proba obxectiva.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes