Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Avaliación, Análise e Calidade da Información
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Avaliación, Análise e Calidade da Información Código 710G04047
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Alfaya Lamas, Elena
Correo electrónico
elena.alfaya@udc.es
Profesorado
Alfaya Lamas, Elena
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
elena.alfaya@udc.es
carlota.ftravieso@udc.es
Web
Descrición xeral Neste Taller preténdese coñecer e desenvolver habilidades e competencias informacionais e dixitais. Profundizaremos na habilidade de acceder e evaluar de maneira efectiva a información para dar resposta ás necesidades de información concretas. Os alumnos/as deben ser capaces de recoñecer cando necesitan información e ter a capacidade de localizala, evaluala e usala de maneira efectiva.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Trataranse os mesmos temas. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se modifican: - Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo-conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos e alumnas que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo. - Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial síncrona e asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado. - Traballos tutelados: A exposición oral prevista pasará a realizarse a través dunha video-conferencia en Teams. - Prácticas TIC: Incorpórase a posibilidade de realizar dentro desta metodoloxía test en moodle ou Google Forms para controlar o seguimento do temario. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Ferramentas: Correo electrónico, Microsof Teams. Moodle (retroalimentación formativa das actividades). - Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posibel concertar citas para videoconferencias a través de Teams. 4. Modificacións na avaliación; - Prácticas TIC e traballos tutelados: non hai cambios nos criterios de valoración. - Proba mixta (on line): Peso na cualificación 40%. Pasará a realizarse a través de medios telemáticos. En canto aos criterios de valoración non hai cambios. *Observacións de avaliación: As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindíbeis) se colgarán na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet. Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes