Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Xestión, Publicación e Promoción de Contidos Dixita
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
Presentación oral A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Calidade e orixinalidade do traballo realizado, coherencia co traballo tutelado realizado, correcto uso dos conceptos que son obxecto da materia, adecuación aos requisitos que se establezan, claridade no planteamento e estrutura, capacidade de síntese, correcta expresión oral e escrita.
40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) nos traballos tutelados. Ademáis, debe sacarse unha nota mínima do 40% da puntuación en cada un dos traballos individuais.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na metodoloxía presentación oral.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na presentación, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terán cualificación de NON PRESENTADO os estudante que non realice entregas en algunha das metodoloxías.

Os traballos copiados ou plaxiados serán cualificados cun 0.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións da avaliación mantéñense con respecto á primeira oportunidade. Gardaranse as notas dos traballos que resulten aprobados na primeira oportunidad, polo que os estudantes poderán recuperar só a parte ou partes que resultasen suspensas.

Terán cualificación de NON PRESENTADO os estudantes que non presenten traballos en algunha das metodoloxías que precisen recuperación.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes