Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Técnicas de Comunicación e Divulgación Científica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C3 C6 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio relación cos traballos prácticos. 10
Portafolios do alumno A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada. 50
Traballos tutelados A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 no portafolios e o traballo tutelado, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados cos docentes previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos do portafolios, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos do portafolios ou o traballo tutelado, 

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade. Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Cando haza que elixir un tema para unha das actividades do portafolios ou para o traballo tutelado,  se non se fixo durante o curso, será obrigatorio acordalo cos docentes, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade. 

 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Na primeira oportunidade, terán que decidir, de acordo cos docentes, se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan só unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 60%. Na segunda oportunidade, non haberá diferenzas no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes