Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Técnicas Documentais Aplicadas ao Traballo Fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A4 B1 B2 B6 B11 C1 C2 C4 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación.

Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos estudantes
50
Traballos tutelados A1 A12 A20 B7 B10 B11 C1 C2 C7 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.

Será imprescindíbel acordar o tema cos profesores dentro do prazo establecido a tal fin.

Requerirase a súa exposición na aula.
50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación: portafolios e traballos. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 5 suspenderase a materia. 

Cando sexa necesario acordar un tema, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin. Non se avaliarán os traballos tutelados entregados fora de prazo. Cando se teña consignado unha práctica da metodoloxía portafolios, as restantes entregas desa metodoloxía non entregadas nos prazos que se establezan cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.) se non se entregue ningún dos traballos do portafolios ou o traballo tutelado.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar aos docentes como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Se non ten feito xa durante o periodo lectivo, será obrigatorio ter consensuado os temas do traballo tutelado e das prácticas do portafolios, como mínimo, un mes antes da data fixada pola facultade para o exame oficial. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e as prácticas no prazo que se estableza a tal fin. 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría coa profesora nas dúas primeiras semanas de clase. Terán que decidir se se acollen aos prazos de presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo do curso. Se os alumnos non realizan esa titoría nas duas primeras semanas de clase, entenderase que optan por presentar os traballos nas mesmas datas que o resto do alumnado. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes