Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Xeografía Política
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A1 A3 A5 A7 A8 A11 B3 B4 B5 B6 B1 C1 C2 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta presencial sobre os contidos da materia. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa.

Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical.
60
Estudo de casos A5 A7 A10 A11 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C7 C9 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa alcanzada nas aulas e que resulta na realización de tantos estudos de casos ao longo do curso como o profesor estime oportuno.

Cando se programen estudos de casos a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 20 minutos cada caso obxecto de estudo (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo gravado).

Criterios de valoración dos traballos escritos: axuste do traballo ás instruccións, calidade formal; calidade e creatividade dos contidos; amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Criterios de valoración das presentacións orais: axuste da presentación ás instruccións; calidade e creatividade dos contidos da presentación; amplitude e pertinencia das fontes de información.
30
Traballos tutelados A5 A7 A10 A11 B7 B1 C4 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa alcanzada nas aulas e que resulta na realización de tantos traballos tutelados ao longo do curso como o profesor estime oportuno.

Cando se programen traballos tutelados a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 20 minutos por cada traballo tutelado (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo gravado).

Criterios de valoración dos traballos escritos: axuste do traballo ás instruccións, calidade formal; calidade e creatividade dos contidos; amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Criterios de valoración das presentacións orais: axuste da presentación ás instruccións; calidade e creatividade dos contidos da presentación; amplitude e pertinencia das fontes de información.
10
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%:

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación incluíndo a convocatoria adiantada.

1. Cálculo da cualificación final de materia

A cualificación final da materia obterase sumando a puntuación obtida na parte práctica (mínimo a obter 2 puntos sobre un máximo de 4 puntos) + a puntuación obtida na proba mixta (mínimo a obter 3 puntos sobre un máximo de 6 puntos).

PARTE PRÁCTICA (40%: máximo 4 puntos, mínimo para superar esta parte 2 puntos).

  • Consistirá na realización de tantos traballos tutelados e estudos de caso como considere o profesor, con presentación oral daqueles indicados polo profesor.
  • Para que o alumno/a poida ser avaliado na proba mixta; é necesario que a súa cualificación final da parte práctica alcance como mínimo 2 puntos (puntuación máxima desta parte 4 puntos).
  • O non alcanzar unha nota media mínima de 2 puntos nesta parte implicará non superar a materia en 1ª oportunidade. Se o desexa, o alumno/a poderá acudir a realizar a proba mixta, aínda que esta non terá validez a efectos de avaliación ao non superar a parte práctica da materia. Ademais a cualificación obtida neste suposto non se conservaría para a segunda oportunidade).

PROBA MIXTA (60%: máximo 6 puntos, mínimo para superar esta parte 3 puntos).

  • Exame escrito presencial (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia.
  • Para que a cualificación obtida na proba mixta sexa tida en conta a efectos de cualificación final da materia, o alumno/a deberá alcanzar como mínimo 3 puntos na proba mixta (puntuación máxima desta parte 6 puntos).
  • Sen obter unha cualificación mínima de 2 puntos na parte práctica, aínda que o alumno/a se presente á proba mixta, a cualificación que obteña carecerá de valor a efectos de avaliación.

2. Criterios de puntuación e entrega dos traballos tutelados e estudos de caso

  • Os criterios de puntuación dos traballos tutelados e estudos de caso con presentación oral daqueles indicados polo profesor daranse a coñecer no momento no que se colguen as instrucións dos mesmos en Moodle.
  • A entrega dos traballos tutelados e estudo de casos realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor).
  • O alumnado debe cumprir coa data límite de entrega establecida polo profesor.
  • Aqueles traballos tutelados e estudos de caso entregados fóra de prazo, entregados por unha canle diferente a Moodle ou non entregados serán cualificados como "non presentados".
  • O feito de non acudir a unha presentación oral dun traballo tutelado ou dun estudo de caso implicará tamén a cualificación de "non presentado" dese exercicio.
  • A efectos de cálculo da nota final da parte práctica correspondente aos traballos tutelados e estudos de caso; a non presentación dalgunha das tarefas será valorada cun cero “0”.

3. Criterios de puntuación da proba mixta:

  • Os criterios de puntuación da proba mixta daranse a coñecer no momento da realización da mesma e forneceranse xunto coas cuestións expostas no exame.
4. Cualificación final da materia en 1ª oportunidade
  • Para superar a materia en 1ª oportunidade o alumno/a debe primeiro obter como mínimo 2 puntos na parte de traballos prácticos (traballos tutelados e estudos de caso) e como mínimo 3 puntos na proba mixta.
  • A cualificación final da materia en 1ª oportunidade consiste na suma da cualificación obtida nos traballos prácticos (mínimo 2 puntos) + a cualificación obtida no exame final (mínimo 3 puntos).
  • No caso de que a cualificación obtida na parte de traballos en 1ª oportunidade sexa inferior a 2 puntos, o alumno/a deberá acudir á 2ª oportunidade. Para iso deberá repetir os traballos prácticos suspensos conservándose só a cualificación obtida nos traballos superados en 1ª oportunidade (colgaranse instrucións en Moodle) e deberá alcanzar como mínimo os 2 puntos requiridos nesa parte.
  • No caso de que a cualificación obtida na proba mixta da 1ª oportunidade sexa inferior a 3 puntos, o alumno/a  deberá acudir á 2ª oportunidade, debendo ademais repetir (se fose o caso) aqueles traballos prácticos que teña suspensos, xa que unicamente se conservarán para a 2ª oportunidade as cualificacións daqueles traballos calificados como superados en 1ª oportunidade (colgaranse instrucións en Moodle).

5. 2ª Oportunidade

  • Debe acudir á 2ª oportunidade todo o alumnado que en primeira oportunidade obtivese como cualificación final da materia “non presentado” ou “suspenso”.
  • Calquera alumno/a que deba presentarse á 2ª oportunidade, independentemente de que en primeira oportunidade obtivese unha cualificación media final de traballos prácticos superior a 2 puntos (é dicir cualificación media final de traballos “aprobado”), deberá repetir calquera traballo que en 1ª oportunidade fose cualificado como “suspenso” ou “non presentado”, xa que unicamente conservaranse para a 2ª oportunidade aqueles traballos cualificados cun mínimo de “aprobado” (colgaranse instrucións en Moodle dos novos traballos a realizar).

6. Asistencia a clase

  • Dado que a materia segue criterios de avaliación continua, a asistencia a clase é obrigatoria. Todo alumno/a que supere un 20% de faltas de asistencia a clase non xustificadas perderá o dereito para presentarse ao exame de avaliación final, e terá que presentarse ao mesmo na seguinte oportunidade.

7. Instrucións básicas para a realización de exames:

  • Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ao recinto da proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar.
  • Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose expresamente autorizado na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou o material sinalado utilizáseos ou non no curso desta.
  • O alumno/a ha de acreditar a súa personalidade de acordo con a normativa vixente.
  • Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobadas o 19/12/2013 e modificadas o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” ( NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Deste xeito, será cualificado como “Non presentado” cando: non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuran na guía docente, ou cando non se presente á proba no período oficial de avaliación.

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula ou réxime de dedicación ao estudo dúas estudantes de grao na UDC" (Arts. 2.3; 3. b; e 4.5) (29 de maio de 2012).

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 80%:

Excepto para as datas aprobadas en Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase, ao comezo do cuadrimestre, un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación, motivo polo cal devandito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos dez primeiros días do cuadrimestre no que se imparte a materia, coa finalidade de fixar o devandito calendario.

Os criterios de avaliación serán idénticos aos descritos para o alumnado con dedicación a tempo completo (Opción A), exceptuando o criterio de asistencia a clase que o caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia permítese segundo a normativa unha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 80%.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co tutor/a ADI da Facultade de Humanidades e Documentación.

______________________________________________________________________________________________________________

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2022-2023 e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

_____________________________________________________________________________________________________________

CONSECUENCIAS DA REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE PROBAS E/OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A realización fraudulenta de probas e/ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria.

Considerarase que se comete práctica ilícita cando un alumno/a actúa para defraudar ou tentar defraudar os sistemas de comprobación avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos.

 Considéranse prácticas ilícitas, con carácter meramente enunciativo, actos como os seguintes:

  • Copia ou utilización de calquera material desautorizado incluíndo traballos de calquera outro alumno/a.
  • Cando un traballo que foi realizado por ou con outros é presentado como o traballo dunha soa persoa e tamén cando o traballo dun alumno/a é entregado en nome doutro. Se isto ocorrese co coñecemento do verdadeiro autor do traballo ambos os alumnos/as incorrerán nunha práctica ilícita.
  • Utilizar traballos doutras persoas para ser avaliados, coma se fose o traballo dun mesmo.
  • Afirmar que se realizaron entrevistas, estudos ou calquera outra forma de investigación, que en realidade non foi levada a cabo (invención ou falsificación de datos).

O plaxio, que consiste en utilizar palabras ou ideas doutras persoas e facelas aparecer como propias en calquera elemento avaliado, tamén se considera práctica ilícita. A continuación e con carácter meramente enunciativo descríbense varios exemplos de plaxio:

  • Traducir dun idioma a outro e presentar o texto como propio.
  • Usar citas de traballos publicados ou non publicados doutras persoas, tanto se foron sacados de libros de texto, artigos, páxinas web ou calquera outro formato, a non ser que tales citas aparezan claramente referenciadas e entrecomilladas.
  • Introducir nos traballos textos doutros autores coma se fosen propios (cortar e pegar de webs, parágrafos de artigos, libros, etc.)
  • Usar as palabras ou ideas doutra persoa lixeiramente modificadas ou parafraseadas para facelas parecer distintas ás orixinais.
  • Resumir as ideas, xuízos, diagramas, gráficos, cifras ou programas informáticos doutras persoas sen facer referencia ao autor no texto e á fonte na bibliografía.
  • Usar servizos de bancos de ensaios e outras axencias de documentos académicos na internet ou outros.
  • Usar, sen facer referencia a iso, material baixado da internet.
  • Volver usar materiais propios en distintos traballos ou módulos coma se fosen utilizados por primeira vez, a non ser que se obteña a autorización do departamento ou profesor do módulo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes