Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Xeodemografía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión expositiva con interactividade combinada. Exposición oral complementada con medios audiovisuais e preguntas dirixidas aos estudantes, para transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. Serán explicados mediante sesións maxistrais os temas: 1. Fontes e métodos da análise demográfica, 2. Estrutura da población e a súa evolución no proceso de globalización e 3. Xeodemografía, urbanización e globalización (teorías demográficas).
Estudo de casos Estudo de casos xeo-demográficos para: incentivar os razoamentos inductivos e deductivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías, propor solucións... Plantéxanse casos que han de ser comprendidos, avaliados e resoltos a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. O estudo de casos aplicarase sobor de todo aos subtemas do tema 5. Políticas demográficas (euxenésicas, xenocidas, antinatalistas e natalistas).
Prácticas a través de TIC Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais, para aplicar de forma efectiva as tecnoloxías da información e as comunicacións á análise de problemas xeo-demográficos. As prácticas con TIC aplicaranse sobor de todo aos temas 6. Movementos migratorios e a súa repercusión territorial, 7. Diversidade territorial das variables demográficas (natalidade, fecundidade, mortalidade, esperanza de vida...) e 8. Proxeccións demográficas.
Análise de fontes documentais Introducción a documentos estatísticos, cartográficos e audiovisuais relevantes para a análise xeo-demográfica, como instrumentos de aplicación ao estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía combinarase coas sesións maxistrais do tema 1. Fontes e métodos da análise demográfica, e có estudo de casos do tema 5. Políticas demográficas.
Proba mixta Proba con preguntas tipo ensaio e preguntas tipo obxectivas, para avaliar a capacidade de síntese (por exemplo, definición de conceptos) e a capacidade de análise (por exemplo, comentario de material textual ou gráfico).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes