Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Xeodemografía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A7 A9 A11 B2 B6 B7 B1 C4 C6 C9 Estudo de casos xeo-demográficos para: incentivar os razoamentos inductivos e deductivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías, propor solucións... Plantéxanse casos que han de ser comprendidos, avaliados e resoltos a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 10
Prácticas a través de TIC A3 A8 A10 B2 B3 B1 C3 C6 Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais, para aplicar de forma efectiva as tecnoloxías da información e as comunicacións á análise de problemas xeo-demográficos. 30
Proba mixta A3 A5 A7 A8 A10 A9 A11 B2 B3 B6 B7 B1 C3 C4 C6 C9 Proba con preguntas tipo ensaio e preguntas tipo obxectivas, para avaliar a capacidade de síntese (por exemplo, definición de conceptos) e a capacidade de análise (por exemplo, comentario de material textual ou gráfico). 60
 
Observacións avaliación

A avaliación por seguimento continuado/observación sistemática correspóndese có estudo de casos e prácticas Tics.

Para superar a materia o alumno deberá levar a cabo os estudos de casos e prácticas con Tics que se lle indiquen, ademáis de obter polo menos unha calificación de 5.0 puntos na proba mixta. De non ser así, poderá acudir a unha segunda oportunidade, para a cal se lle manterán as calificacións dos estudos de casos e prácticas con Tics.

Ao alumnado con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia se lle aplicará a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC", de 29 de maio de 2012, artigos 2.3, 3.b. y 4.5.

Advírtese que, se fose detectado fraude mediante plaxio ou copia en calquera das actividades avaliables, a materia será calificada con 0.0 puntos na convocatoria correspondente, ao marxe doutras calificacións obtidas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes