Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Idioma Estranxeiro I: Alemán
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados As clases de idioma non distinguen nunca de modo estrito entre sesións teóricas e sesións prácticos; no entanto, durante as sesións 'teóricas' incidirase máis na explicación gramatical do idioma e traballarase na aula cos alumnos para practicar devandita parte gramatical, mentres nas sesións "prácticas" incidirase na práctica oral, a adquisición de vocabulario e os temas culturais. Todo iso implica traballo realizado na aula baixo diversas formas.
Obradoiro Dámoslle a consideración de "talleres" a unha parte das sesións prácticas da materia na que se poderán expor oralmente traballos realizados polo alumnado sobre aspectos de 'Landeskunde".
Solución de problemas Repaso de temas complexos e resolución de dúbidas do alumnado nas sesións finais do curso.
Proba obxectiva Exame final de contido léxico e gramatical que se realizará nas datas oficiais fixadas en cada centro e puntuará segundo as porcentaxes fixadas máis abaixo.
Actividades iniciais Na primeira sesión de clase explicarase o programa docente, a bibliografía e ferramentas de información e comunicación e o sistema de avaliación. Proporcionarase toda a información necesaria para seguir adecuadamente o curso e superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes